Pasarela de aceiro que se atopa no Couto de Pesca do Couso.
Construída no 1960, a pasarela do Xirimbao chámase “Pasarela Mariola” debido ao seu enxeñeiro Darque. A ponte, unha das máis longas e altas de Galicia une as parroquias de Couso, na Estrada e a de Reis, en Teo.
Este enxeñeiro foi enviado polo ministerio na década dos 60 para acometer a mellora e mantemento do couto do Couso, entre A Estrada e Teo, que acouta un tramo de 800 metros do Ulla entre a Presa de Couso e 100 metros abaixo da Pedra Fernández no linde inferior. Entre as novas melloras no couto de pesca inclúe a construción desta pasarela que bautiza con citado nome na honra dunha familiar súa chamada Mariola Paves Curbelo.
É posible a visita (tomando as medidas de seguridade debidamente indicadas nos paneis informativos da entrada) pois actualmente está aberta durante todo o ano.
