Coche
A estrada N-550, que une A Coruña e Tui, pasa polo noroeste do Concello, establecendo comunicación entre Santiago e Padrón. Tamén se pode chegar a Teo a través da AC-841, que une Santiago e A Estrada e cruza o Concello de norte a sur. Por Teo tamén o cruza a autopista A-9, que une as cidades da Coruña e Vigo. A autoestrada AG-56, alternativa á AC-841, une Santiago-A Ramallosa.