Igrexa e cruceiro de Santa María de Bamonde

Patrimonio
Información do patrimonio

 Bamonde
 Patrimonio Arquitectónico
 Abrir en Google Maps

De estilo barroco foi construída polo Mestre Manuel Varela durante os anos  1783 - 1787, e  aberta ó culto en 1785. 

A porta da fachada remata nun arco abovedado. Sobre el aparece unha fornela coa imaxe en pedra da virxe en actitude orante que viste cun curioso manto decorado con escamas. Sobre ela ábrese unha fiestra cadrada que ilumina o interior da nave e nas rúas laterais figuran dous medallóns cos anagramas de cristo e a virxe. 

A fachada remata nunha torre campanario de dobre corpo. No interior acubilla 3 campás, a pequena debe proceder da antiga igrexa, a grande foi feita por Francisco Blanco de Santiago, montadas ambas no 1788. A intermedia fíxose uns anos máis tarde en 1829.  Proceden da primitiva igrexa varias imaxes, unha cruz procesional de prata de 1615, dous pequenos altares e unha lousa - lápida brasonada de 1694 do cura Pedro García Vilariño, reitor de Bamonde e Comisario da Santa Inquisición, situado no chan da capela norte.


O cruceiro que se atopa no seu adro foi construído en 1786, é de trazas barrocas e salienta a imaxe de San Pedro no seu varal.

Ubicación do patrimonio

Rutas

Rutas nas que se pode localizar o presente patrimonio