Antiga pousada de San Antoniño da Areeira

Patrimonio
Información do patrimonio

 Calo
 Patrimonio Arquitectónico

Ademais de ser antiga pousada para persoas peregrinas, a estatua de San Antonino foi obxecto de culto da veciñanza: “San Antoniño da Areeira é un santo moi milagroso, canso se perde un porquiño, a corbata ten ao pescozo”.

Esta edificación foi, no século XVIII, unha das pousadas que acollían a persoas arrieiras e peregrinas (Sarmiento, 1754), hoxe reconvertida nunha casa de labranza tradicional. Na parede orientada ó camiño aínda se conserva a estatua policromada de San Antoniño Abade, padroeiro dos animais, representado como un vello ancián co hábito da orde e cun porquiño ós seus pés.

Ata hai poucos anos sacábase en procesión e a veciñanza ofrecía esmolas para obter o favor do santiño e sandar os seus animais enfermos. Na parroquia consérvanse importantes coplas populares que lembran a tradicional rivalidade coa parroquia veciña de Biduído, así di unha das cantigas “San Antonio de Areeira anda no monte co gando, a virxe de Biduído ándallo recadando”. 

Ubicación do patrimonio

Rutas

Rutas nas que se pode localizar o presente patrimonio