Casa reitoral de Bamonde

Patrimonio
Información do patrimonio

 Bamonde
 Patrimonio Arquitectónico
 Abrir en Google Maps

Situada fronte á igrexa de Bamonde, esta antiga casa reitoral marca o inicio da Ruta da Batalla de Cacheiras.

Trátase dunha gran mansión de trazas fidalgas, Foi construída no S. XVI. No século XVIII sufriu varias remodelacións, sendo a máis importante a que fixo o reitor don Antonio Mosquera, tal como se reflicte na inscrición en latín que se figura no lintel da porta principal que di: 
R o R / D. ANTONIVS MOSQVERA / DE MATHO ET MARZOA MON/ TERO FIGVEROA ET AGVIAR / ME DENI O ERIXIT ANNO 1783
Este epígrafe foi mandado erixir polo cura Don Joseph Blanco Salcedo (quen tamén reformou a reitoral e edificou a actual igrexa de Bamonde). No escudo familiar colocado na parte alta distínguense as armas dos Mosquera (cinco cabezas de animais cortadas e unha coroa), dos Figueroa (cinco follas de figueira), dos Aguiar (unha aguia), entre outros. Baixo o beiril do tellado hai un fermoso relevo barroco representando a asunción e coroación da Virxe.
Na fachada oeste desta gran mansión de trazas fidalgas, está o longo balcón do sobrado, sostido por oito ménsulas, do que houbo de caer o xeneral de la Concha a noite antes da batalla.

Dende finais do ano 2020 a propiedade é municipal aínda que pendente dun proxecto de rehabilitación non é, polo momento, visitable.

Ubicación do patrimonio

Rutas

Rutas nas que se pode localizar o presente patrimonio