Identificador
Ruta
Duración
30 min
Desnivel
30m
Ruta circular
No
Dificultad
Fácil
Señalización
Si
Inicio de la ruta
Coordenadas GPS:
42.803393955393986, -8.583896633172326
Descarga

Ruta lineal que discorre dende A Chanca ata A Ínsua, en Luou, perfectamente sinalizada é considerada ruta Apego.

O percorrido aproveita a obra levada a cabo para a colocación do colector de Espasande, conta con numerosos muíños onde tradicionalmente se facía a moenda. Podemos atopar na mesma o muíño e Pombal das Muiñeiras, o muíño do Inferniño, o muíño Novo, o muíño dos Cornidos, o muíño da Ínsua e o lavadoiro da Ínsua. 

 

Trátase dun pequeno percorrido de ida e volta onde ademais dos elementos patrimoniais citados tamén podemos atopar un ecosistema fluvial con bosque de río en bo estado de conservación.
 

As rutas Apego son rutas pensadas e deseñadas para familias con crianzas e que poden portar carriños e, por ende, son accesibles para persoas con mobilidade reducida tamén. Para motivar os paseos e desfrute da natureza temos deseñado un xogo, o Ollo ao Piollo, con dous niveis de dificultade (adultas e cativada) que se pode descargar na marxe esquerda desta publicación e que consiste en ir atopando distintos elementos naturais á vez que paseas pola ruta.

Igrexa de Santa María de Luou