Identificador
Ruta
Rota circular
Não
Início da rota
Coordenadas GPS:
42.747744749137745, -8.554853748127957

Ruta que percorre as beiras do río Ulla desde a Área Recreativa do Xirimbao ata a Ponte Medieval de Pontevea.

Esta ruta, que percorre un tradicional camiño de pescadoras, vai dende a Área Recreativa do Xirimbao ata a Ponte Medieval de Pontevea, todo iso á beira do río Ulla. Trátase dunha ruta lineal que tamén se pode facer no sentido contrario, con saída dende o núcleo de Pontevea. Toda a ruta atópase na área de protección Rede Natura 2000 recoñecida pola Unión Europea dada a súa xenuína biodiversidade.
 

O principal atractivo desta ruta é a comunidade ecolóxica que determina a presenza do río Ulla: un bosque de río ben conservado que dá acubillo a especies moi emblemáticas como a lontra. Tamén destaca a presenza de pesqueiras, na zona próxima ao Xirimbao, que son construcións tradicionais para a pesca da lamprea.

 

Esta ruta pódese continuar coa Ruta Apego á Burga de Xermeade e coa ruta que vai ata Agromaior para aquelas persoas que queiran un maior percorrido!

Área recreativa do Xirimbao

Ponte colgante do Xirimbao

Ponte medieval de Pontevea