Pasarela de aceiro que se atopa no Couto de Pesca do Couso.

Coordenadas GPS:
42.74613605373194, -8.556679343749684
Coordenadas ETRS89 UTM29:
29 T 536301 47326621
Ribeira do Ulla Xirimbao - Pontevea

Construída no 1960, a pasarela do Xirimbao chámase “Pasarela Mariola” debido ao seu enxeñeiro Darque. A ponte, unha das máis longas e altas de Galicia une as parroquias de Couso, na Estrada e a de Reis, en Teo.

 

Este enxeñeiro foi enviado polo ministerio na década dos 60 para acometer a mellora e

mantemento do couto do Couso, entre A Estrada e Teo, que acouta un tramo de 800

metros do Ulla entre a Presa de Couso e 100 metros abaixo da Pedra Fernández no linde

inferior. Entre as novas melloras no couto de pesca inclúe a construción desta pasarela

que bautiza con citado nome na honra dunha familiar súa chamada Mariola Paves

Curbelo.

 

É posible a visita (tomando as medidas de seguridade debidamente indicadas nos paneis informativos da entrada) pois actualmente está aberta durante a temporada de pesca, que vai de maio ata setembro. O resto do ano péchanse as portas por seguridade e mantemento.