A Cruz da Florida sitúase na actualidade á beira da antiga estrada C-541, treito actual do Camiño da Geira e dos Arrieiros. Trátase dunha obra en granito de trazas sinxelas composta por unha plataforma de dous chanzos, varal octogonal e cruz cuadrangular con brazos con chafráns. Non posúe imaxes nin inscricións. O proceso de restauración, realizado polo equipo técnico que dirixe o restaurador Xabier Bernárdez Fresco, consistiu na reconstrución xeral do conxunto, o varal presentaba unha forte inclinación dende finais dos anos noventa acentuada nos últimos anos por diferentes intervencións na súa contorna. Desenterrouse e recolocaron os diferentes perpiaños que integraban a base, consolidouse o unión entre o varal e a cruz e procedeuse a limpeza xeral do conxunto. O proceso finalizará nas vindeiras semanas cunha nova zona de protección que dignifique e poña en valor a cruz para as xeracións futuras.