Oficina de turismo
Limítrofe coa capital de Galicia, Teo é tamén un importante enclave xacobeo do Camiño Portugués.
Atesoura un patrimonio arqueolóxico con importantes xacementos prehistóricos desde o Neolítico ata a Idade de Ferro. As igrexas románicas de Lampai e Reis, o cruceiro gótico de Francos ou as pontes medievais de Caxade, Paradela e Pontevea son referentes do patrimonio artístico teense. En Bamonde, a casa reitoral ocupa un lugar destacadísimo na historia de Teo e de Galicia mesma. Alí durmiu, a noite do 22 de Abril de 1846, o Xeneral La Concha, antes de iniciar, ó día seguinte, a batalla de Cacheiras.
Os miradoiros da Grela e A Pena Escorredía, así como os espazos naturais da conca do Ulla, integrada na Rede Natura 2000, con zonas tan singulares como A Burga de Xermeade ou o Couto de Pesca de Couso–Xirimbao, son ideais para todos os amantes da natureza e dos deportes de aventura.
- Enderezo
Rúa da Lagoa, 2 (edificio Auditorio Constante Liste) A Ramallosa - Lucí, 15883 Teo A Coruña
- Teléfono
- +34 698 183 421
- Correo electrónico
- turismo@teo.gal
- Horario
De 8:00 ás 15:00