A Igrexa de San Simón de Ons, en Cacheiras é un edificio de estilo barroco datada do S. XVIII. A fachada é de cantería e presenta dúas torres-campanario a cada lado (que foron construídas en distinto momento). A zona intermedia da fachada adórnase con dúas imaxes de pedra, a situada na parte inferior representa a Inmaculada Concepción e a superior ao patrón San Simón.
No adro da igrexa atópase o Vía Crucis, conxunto de trece cruces de pedra, destacando a cruz sobranceira da zona leste, ergueita sobre un alto pedestal onde reza a inscrición VIA SACRA DOLOROSA 1777.
Completa o conxunto un cruceiro de finais do S.XVII que, aínda que agora fóra do adro, noutrora estivo dentro dese lugar. Presenta dúas representacións distintas segundo a cara que mira a igrexa, ou ao camiño.