Noga Art'S Joyería Artesanal

Noga Art'S Joyería Artesanal
Noga Art'S Joyería Artesanal
Fai click sobre a imaxe para ver máis
Información do establecemento

 Os Tilos
 Artesanía
  Rúa San Pedro 67, baixo, Santiago de Compostela, A Coruña
 Luns a venres de 10:00 h a 14:30 h / 15:30 h a 21:00 h Sábados: 10:00 h a 14:30 h

O meu traballo está elaborado a man, traballo xoiería con prata, prata con pedras semipreciosas, tamén traballo o esmaltado en frío (materia prima: bronce). O proceso para estas pezas é o mesma ca na prata, con excepción de que neste caso non fundo este material.
A elaboración das miñas pezas empeza coa fundición da prata, logo deste proceso pásase por unha laminadora para así estirar a prata, cando consigo o grosor que desexo, paso a plasmar o deseño da peza (previamente realizado no computador) logo seguetease no banco de traballo, límanse as rebarbas, límpase en liquido decapante e, a continuación, empezo a soldar as pezas unha a unha. Logo de acabar co traballo de soldadura volvo limpar a peza; tras a limpeza comprobo que todo estea correcto, paso a envellecer a prata (oxido de prata) e, a continuación, paso pola pulidora, para darlle brillo. Cando está lista, límpoa cun trapo de algodón para así remover os restos de cera pulidora, levan a fotografía e sóbense ás redes sociais e á páxina web.
Tras este proceso xa está lista para a venda.