Información do establecemento
Instrumentos musicais de vento
Olimpio Xiráldez Río (Redondela 1970) Gaiteiro e artesán de instrumentos tradicionais.
Aprendeu o oficio da fabricación de gaitas entre os anos 1990 e 1993 cos mestres Antón e Carlos Corral no Obradoiro Escola de Gaitas e Zanfonas da Universidade Popular de Vigo.
No ano 1993 funda o obradoiro de gaitas e frautas “OLI XIRÁLDEZ” na súa Redondela natal, e no ano 2001 instálase na parroquia de Calo (Teo).
A actividade principal do obradoiro é a construcción artesanal de gaitas, requintas e outras frautas tradicionais, ademais, nos últimos anos está desenvolvendo unha sección de reproducción de instrumentos de vento históricos (frautas renacentistas e barrocas, chirimías, oboes barrocos e clásicos, fagotes, musette barroca...)
Obradoiro visitable con cita previa.


