Identificador
Ruta
Ruta circular
No
Inicio de la ruta
Coordenadas GPS:
42.814312186368255, -8.620623485937024

Ruta de sendeirismo que parte da Rúa de Francos (Calo) e percorre uns 8 quilómetros na contorna. 

Esta ruta percorre o vello treito da liña ferroviaria máis antiga de Galicia (Cornes – Carril), situado entre as aldeas de Vilar de Abaixo (Teo) e Angueira de Suso (Padrón). Treito que logo da apertura do novo trazado do AVE en 2007 fica en desuso e abandono.

 

Unha andaina circular, que comeza e remata ao pé do cruceiro gótico de Francos, e que ten como principais puntos de interese os conxuntos tradicionais das aldeas de Rúa de Francos, Vilar de Arriba, Bascuas e Vilar do Medio, o santuario e carballeira de San Bieito de Bascuas, as pontellas e ribeiras fluviais dos pequenos regatos da parroquia de Santa María de Cruces; así como percorrer os 133 metros do antigo túnel do Faramello, unha das grandes obras de enxeñaría do primitivo camiño de ferro galego.

Cruceiro gótico de Francos

Túnel do Faramello