O túnel do Faramello, hoxe en desuso, foi unha infraestrutura levada a cabo para dar paso ao primeiro ferrocarril do noso país.

Coordenadas GPS:
42.8084156703101, -8.627695802231969
Do Túnel do Faramello

O 15 de Setembro do 1873 chegou á estación teense de Osebe, segundo relatan as crónicas, o “Compostelano”, o primeiro ferrocarril do noso país. Con inicio en Cormes, daquela no termo municipal de Conxo e fin de destino en Carril, unía a capital xacobea co mar a través do Val da Maía e situaba a Teo como un referente que marcou o devir histórico do noso concello. Foi a porta de saída de emigrantes e tamén de excedente agrícola.

 

Con 133 metros de longo este túnel, construído entre o 1870 e o 1872 está actualmente en desuso aínda que a carón da nova vía de tren de alta velocidade. Forma parte da Ruta do Túnel do Faramello, unha ruta circular con saída dende o Cruceiro de Francos que pretende dar a coñecer este anaco de historia do noso concello.