Información do patrimonio
Patrimonio Etnográfico e Inmaterial
As festas parroquiais en Teo, coma en toda Galicia, teñen unha gran relevancia histórica, cultural e social. Estas celebracións chantan as súas raíces na época medieval, orixinándose como homenaxes ós santos patróns que, segundo a tradición, protexen as comunidades locais. Ó longo dos séculos, adaptáronse e evolucionaron incorporando elementos da época e da zona pero mantendo sempre a tradición relixiosa que permite expresar a fe e a gratitude do pobo. As comisións de festexos desempeñan un papel crucial na organización dos eventos, que inclúen desde procesións relixiosas ata concursos gastronómicos ou verbenas. Na páxina seguinte as principais festas parroquiais do concello de Teo.

