Ruta Camiño da Geira dos arrieiros
- Identificador
- Ruta
- Rota circular
- Não
- Início da rota
-
Coordenadas GPS:
42.75955044926445, -8.548587098277645
Camiño Xacobeo que une Braga con Compostela, empregado tradicionalmente tamén polos arrieiros para traer o viño dende a Ribeira Sacra a Compostela.
O último tramo deste camiño xacobeo que parte de Braga cara Compostela atravesa o noso concello de Sur a Norte, entrando por Pontevea e percorrendo 14 km de diversas parroquias ata a ermida de San Sadurniño, en Montouto, hoxe en día desaparecida, a cal era o miradoiro natural onde as persoas peregrinas albiscaban por primeira vez as torres da catedral. A ruta atravesa igrexas de orixe medieval como a de San Cristovo de Reis ou a de San Simón de Cacheiras.
Os documentos do s. XVII ao s. XX testemuñan con posterioridade o paso dos arrieiros polos sitios do Cruceiro (actual Pontevea), Chao do Río, A Florida, A Ponte Nova, A Lagoa (A Ramallosa), etc.
Un camiño histórico que atravesa aldeas tradicionais ben conservadas (A Pedra, O Sisto, Pedrouso) e espazos naturais de grande beleza como a fraga de Sestelo. A ruta transcorre a rentes de numerosos bens culturais e etnolóxicos.
Os peregrinos que escollan este itinerario gozarán dun percorrido variado e entretido, seguro (afastado das vías principais e do tránsito) e con zonas para o descanso con numerosas fontes para repoñer forzas antes de entrar en Compostela.