Conxunto de pedras graníticas que pola súa altitude constitúen un miradoiro natural e un lugar idóneo para observar estrelas.

Coordenadas GPS:
42.786173810312505, -8.622827435596841
Coordenadas ETRS89 UTM29:
Norte 42º 47´10” N -  Oeste  8º 37´ 23” W
Per Caminho de Lampai

Con 410 metros de altitude a Pena da Agrela é o teito natural de Teo. O alto, conformado por penas e monte baixo conforma un miradoiro natural, un espazo enclavado entre os vales do Río Ulla e o do Río Sar onde podemos ver dende a desembocadura do Ulla e boa parte da Ría de Arousa ata Compostela pasando polo Val da Mahía, o Castro Lupario, o Pico Sacro, o Monte Meda e o Monte Piquiño, sendo este último unha zona de abundante patrimonio arqueolóxico a escasos 2 km do miradoiro.


 

O acceso pódese facer a pé dende a Capela de Santa Ana por unha pista de monte ou ben a través de pista asfaltada, sendo ésta de maior pendente. En calquera caso os últimos 20 metros só se poden facer a pé. O espazo conta con paneis interpretativos e bancos onde sentar.


 

Unha vista impresionante que pola súa situación, recomendamos visitar á tardiña, no lusco e fusco.