Trátase dun bosque de río, atlántico, que se atopa en bo estado de conservación para desfrute da natureza.

Coordenadas GPS:
42.79518484720944, -8.56291950863824

Este espazo destaca fundamentalmente polos seus valores ambientais, principalmente pola grande diversidade de especies de fauna e flora. Porén existen tamén elementos patrimoniais como os muíños, presas, pontellas...
 

Trátase dun bosque de carballos en bo estado de conservación que está atravesado por un curso de auga, o rego do Sestelo e atópase no itinerario do Camiño da Geira e dos Arrieiros. As árbores predominantes son os carballos pero existen múltiples especies arbóreas acompañantes como salgueiros, loureiros e tamén algún espiños.