A fonte da Casalonga é unha fonte construída nos anos 30 do século pasado. O lavadoiro constrúese no ano 1953 xunto con outros 11 máis espallados por todo o termo municipal ó abeiro dunha subvención do Goberno Civil. En 1984 o Concello atende a unha petición da veciñanza e instalan o teito. A última actuación é de 2017 cando se volve a restaurar e se retira o tellado.
Este tipo de infraestruturas foron moi importantes no pasado, antes de haber auga da traída nas vivendas. Eran un lugar de recollida de agua, tarefa levada a cabo esencialmente por mulleres, que con caldeiros ou coa sella, carretaban varias veces ao día auga para as persoas e tamén os animais.
Actualmente mantense a tradición de recollida de auga e segue a ser un lugar de encontro da veciñanza.