Á beira do cruceiro e carballeira de Francos, e no trazado do Camiño Portugués, este edificio ten a tipoloxía das escolas de ensino primario durante a República. Agora convertida en Casa Común, que alberga actividades socioculturais do Concello.

Coordenadas GPS:
42.81462774466297, -8.62036123526484

A escola foi unha escola mixta onde estudaban unha media de 30 nenas e nenos e no piso superior estaba a vivenda do mestre ou mestra. A desafectación do uso educativo da antiga escola de Francos, integrada no CRA, foi aprobada pola Consellaría de Educación en xuño do 2013 e é no ano seguinte cando se aproba o seu uso sociocultural.