Pequena capela de pedra na aba do monte á entrada do Pico da Agrela.

Coordenadas GPS:
42.78360688977895, -8.618954326023925

Na parte alta da aldea da Agrela (Lampai) e nun recuncho da antiga carballeira na aba do monte, atópase esta pequena ermida de planta rectangular feita a base de perpiaños. Unha obra de cantaría popular de boa feitura na que salienta o seu pórtico coa bancada corrida e armazón de madeira sostido por catro columnas.


 

No lintel da porta principal figura unha inscrición que di:

Esta obra la izo

Iban (co) Perez de Nra

Señora del Carme. Año de 1772