Información do establecemento
Xiralúa é un estudio creativo que ofrece solucións gráficas en deseño publicitario, identidade de marca, ilustración e moito máis, axudando aos nosos clientes a mellorar a súa comunicación desde a creatividade visual.
Ademais dos nosos servizos gráficos deseñamos e confeccionamos artesanalmente unha exclusiva liña de produtos téxtiles baixo a marca de Artesanía de Galicia: bolsos, mochilas e moedeiros cuxa orixinalidade radica no deseño dos seus estampados, ilustrados por nós e inspirados na cultura galega, cunha estética fresca e contenporánea.
Complementariamente a esta faceta, ilustramos láminas con temáticas vinculadas tamén ao noso patrimonio.
En Xiralúa cremos na autenticidade do feito a man e a importancia de crear artigos que conteñan unha historia. Cada peza é o resultado dunha coidadosa combinación de tradición e deseño moderno, ofrecendo produtos funcionais e cheos de personalidade. O noso compromiso é dar vida ao mellor da cultura galega, fusionada coa creatividade e a calidade artesanal.

