Lugar de visita dende tempos inmemoriais pola presenza de augas sulfurosas empregadas para tratamentos da pel.

Coordenadas GPS:
42.75411793662285, -8.544009195610064
Coordenadas ETRS89 UTM29:
29 T 0537309 4733556
Ver en el mapa De Teo á Burga de Xermeade pasando pola devesa de Agromaior Apego Pontevea Burga de Xermeade

A Burga de Xermeade é un manancial de augas sulfurosas que conta cunha construción semiciruclar de pedra e un picho do que emana a auga. Situada a carón do río Ulla e dentro dunha fermosa paraxe con carballos, sobreiras, espiños, castiñeiros, piñeiros e as características árbores da ribeira (bidueiros, ameneiros, salgueiros e freixos). Está incluída na marxe protexida do río Ulla como Rede Natura 2000. Conta cunha área de lecer formada por unha pequena praza empedrada de 13,90 m de diámetro rodeada de sete bancos de pedra con respaldo situada entorno a un grupo de carballos centenarios.
 

A fonte da Burga ou a Burga de Xermeade foi empregada pola veciñanza de Pontevea dende tempos inmemoriais principalmente como tratamento para diversas afeccións da pel coma herpes, eccemas,caspa, verrugas ou espullas... e probablemente incluso polos romanos xa que a vía XIX que comunicaba Braga con Lugo pasaba a poucos metros da Burga. Existen numerosos documentos que testemuñan a importancia da Burga como punto de referencia turístico e termal ao longo da historia.
 

A carón da Burga atópase en estado ruinoso os restos dunha antiga casa de baños, construída por un particular que reclamaba o terreo pero que nunca chegou a rematarse xa que o xulgado resolveu un litixio onde concedía aos veciños a titularidade da Burga.