Fonte brasonada da Florida, na parroquia de Rarís, icona do Camiño xacobeo da Geira e dos Arrieiros.

Camiño da Geira dos arrieiros

Construído na Florida (Rarís), este lavadoiro consta dunha fonte de dous canos e un pequeno pío con cinco pedras de lavar a roupa. Os canos da fonte saen dun muro ameado e adornado cun escudo de armas en relevo, soportado por unha cruz de Calatrava e timbrado por un helmo pechado, que amosa no seu campo pleno un castelo coroado flanqueado por dous paxaros voando.

 

Trátase dun elemento patrimonial moi relevante no Camiño da Geira e dos Arrieros. A mesa de pedra que acompaña ao conxunto presenta uns impoñentes pés que non pasan desapercibidos, reciclaxe dun antigo casal desaparecido.