Pedra granítica que se empregou para acoutar terreos na época medieval.

Coordenadas GPS:
WGS 84
Coordenadas ETRS89 UTM29:
29 T 0530586 4736131
Per Caminho de Lampai

Trátase dun grande bloque de granito con forma de marco. Presenta unha altura de 1,20 m e unha sección triangular que se estreita lixeiramente na súa zona superior. O marco localízase na linde entre os termos municipais de Padrón e Teo, no bordo dun camiño tradicional que parte da estrada AC-6502 e descende cara ao regueiro de Tarrío. 

 

Forma parte dun conxunto de tres marcos medievais (dous en Lampai e un terceiro na parroquia de Pedrouso, Padrón). No ano de 1156, o Emperador Afonso VII e boa parte da aristocracia e da Igrexa da Coroa de Castela realiza unha doazón dun enorme terreo a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. As investigacións indican que estes terreos foron concedidos en gratitude ao traballo de Sancho durante a “Reconquista” en favor de Alfonso VII.

 

O texto íntegro da inscrición podería transcribirse así: “Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit” é dicir: “Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón.”