Situada na aldea da Agrela, en Lampai, trátase dunha Pedra de granito colocada verticalmente, de 133 cm de altura visible, 50 cm de anchura na base e 35 cm na
parte superior, e un grosor máximo de 20 cm, bastante regular en toda a pedra.
O acabado tan regular que presenta toda a pedra, con trazos moi claros de fractura
bastante antiga, xunto coa súa colocación nunha posición preeminente con respecto a
unha ampla portela, e a presenza dun gravado na cara Sur, apuntan cara a
posibilidade de que se trate dun marco de acoutamento medieval, que ao igual que o Marco Porto de Lampai, delimitaría un basto terreo que no ano 1156, o emperador Afonso VII e boa parte da aristocracia e da Igrexa da Coroa de Castela realiza a Sancho Eanes, un plebeo, pola súa gratitude nas súas batallas na Reconquista.