Identifier
Ruta
Duration
1 h
Slope
44m
Circular route
No
Pavement %
5%
Difficulty
Fácil
Markers
Non
Route starting point
GPS coordinates:
42.8064261777082, -8.600987161680214

Con saída dende Cornide, na parroquia de Calo, esta ruta discorre polo trazado inicial da Ruta dos Petróglifos de Teo (PR-G 238) permitíndonos visitar os petróglifos do río Angueira e os de Outeiro do Corno sen continuar ata as estacións do Monte Piquiño.

 

Configúrase como unha ruta circular que, ao abandonar o camiño homologado da ruta dos petróglifos, volta ao punto de partida usando un antigo camiño medieval.

 

Xunto ao río atravesamos pequenas pasarelas de madeira e pasamos xunto a muíños utilizados pola veciñanza para moenda dos cereais. Podemos gozar de pequenos saltos de auga e tamén dun bosque de río en bo estado de conservación que alberga un valioso ecosistema de río.

 

A ruta atópase parcialmente sinalizada (no tramo que coincide coa dos petróglifos).

Ruta circular que é unha adaptación de menor percorrido da Ruta dos Petróglifos de Teo e que permite o desfrute da arqueoloxía e tamén a beira do río Angueira.

Petróglifo do Río Angueira ou do Monte de Cornide

Petróglifo do Outeiro do Corno