Identifier
Ruta
Duration
1,71 km
Slope
114m
Circular route
No
Difficulty
low
Markers
yes
Route starting point
GPS coordinates:
42.75976908231386, -8.547355998657142

Ruta lineal que atravesa a Carballeira de Francos e discorre paralela ao río Tinto ata chegar á Ponte Paradela.

Con saída dende o Cruceiro gótico de Francos, esta ruta atravesa lugares moi emblemáticos como a propia carballeira onde ten lugar a Feira do San Martiño. Deixa atrás a aldea de Francos para discorrer paralela ao río Tinto aproveitando unha pista forestal e chega finalmente a Ponte Paradela onde hai un merendoiro.
 

Trátase dunha ruta de ida e volta onde ademais dos elementos patrimoniais vinculados á aldea, como os muíños do último tramo, tamén podemos gozar do ecosistema de río, sobre todo as árbores e flores da ribeira.
 

As rutas Apego son rutas pensadas e deseñadas para familias con crianzas e que poden portar carriños e por ende, son accesibles para persoas con mobilidade reducida tamén. Nalgunhas épocas de moita chuvia o último tramo pode presentar marcas de escorrenta que dificulten o paso.

Cruceiro gótico de Francos