Identifier
Ruta
Circular route
No
Route starting point
GPS coordinates:
42.814019188168764, -8.62254239437164

Trátase dun percorrido de case 8 km onde o Itinerario Cultural Xacobeo atravesa o noso concello.

De entre as vías de peregrinación xacobeas tradicionais a Compostela unha das máis afamadas é o coñecido como Camiño de Santiago Portugués, con inicio en Lisboa, aínda que na actualidade os principais portos de partida son Porto e Tui.

 

Xa case no último tramo, o percorrido entra no concello en Francos, na parroquia de Calo e atravesa núcleos importantes como a rúa de Francos, Osebe, A Casalonga, A Pedreira… para saír do noso territorio polas Galanas, xa próximo ao veciño núcleo do Milladoiro. Ao inicio do percorrido está o albergue de peregrinos.

 

Neste traxecto atopamos elementos patrimoniais moi relevantes como lavadoiros, fontes e cruceiros, destacando o Cruceiro de Francos, o máis antigo do concello. Atravesa tamén a Carballeira de Francos, lugar onde se realiza cada 11 de novembro a Feira do San Martiño, de gran relevancia turística e cultural para a comarca.
 

A ruta atópase sinalizada e conta con sinais interpretativos.

CASTRO LUPARIO (ROIS)

Carballeira de Francos