Sinxelo cruceiro emprazado no camiño sacramental que conduce ao igrexario de Bamonde.

Foi construído en 1917 por un veciño de Tribaldes, José Pereira Pereira, canteiro de profesión, que observando que a aldea de Lamas tiña un cruceiro, pensou que Tribaldes merecía o seu. Mercou un pedazo de terra e erexiu esta sinxela obra que temos diante, tal como o relata Guillermo González Raviña no seu libro Baamonde, Vaamonde! Su historia, sus gentes, viejos recuerdos (2010). 
O cruceiro posúe un pedestal cuadrangular, varal octogonal e remata nunha cruz con brazos con chafráns e remates florenzados.