Lavadoiro tradicional situado a carón da Carballeira de Francos.

GPS coordinates:
42.814788927425965, -8.621125256437995
ETRS89 UTM29 coordinates:
Latitude: 42.8147192286 Lonxitude: -8.62111844128

No ano 1973 produciuse a doazón da parcela para que a veciñanza puidera construír este lavadoiro que ten unha situación central na Rúa de Francos e está a carón da coñecida carballeira de San Martiño. A auga que chega aquí é a sobrante do depósito que subministra auga ás casas da aldea.
 

O lavadoiro está composto por catro follas corridas para o lavado da roupa e consta dunha soa pía. O teito, a catro augas e cuberto de tella do país, vai apoiado sobre catro columnas de pedra. Todo este cuberto foi construído nunha remodelación a finais do século XX onde tamén se arranxou o contorno e máis recentemente, a finais do ano 2020 sufriu outro proceso de rehabilitación e embelecemento dentro dun programa de mellora de bens patrimoniais polos que atravesa o Itinerario Cultural Xacobeo Camiño Portugués.