Espectacular ponte de pedra sobre o río Ulla, actualmente peoníl.

GPS coordinates:
42.7603018149859, -8.548262907559975
Apego Pontevea Burga de Xermeade Ribeira do Ulla Xirimbao - Pontevea Camiño da Geira dos arrieiros

Declarada BIC en febreiro 2017, constitúe un dos grandes referentes patrimoniais e históricos dos concellos de Teo e A Estrada. Durante centos de anos foi a única vía de acceso a Compostela dende as terras do val do Vea e onde confluían os antigos camiños reais.

 

Está situada na parroquia de Reis, sobre o río Ulla, marcando o límite entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. Chegase ata ela, collendo a estrada autonómica entre A Estrada e Santiago de Compostela. Actualmente atópase na ruta xacobea da “Camiño da geira e dos Arrieiros Braga-Santiago”.

 

As súas características arquitectónicas revelan unha construción románica - oxival, con seis arcos de sillaría, tres semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados, apoiados en cinco grandes piares, con tallamares triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo chegando ata o beiril. Unha ponte en pendente dende o piar central e cunha lixeira curva na planta coincidente con este piar. Non coñecemos con exactitude a data da ponte actual, aínda que os historiadores sitúan a súa construción en torno ós séculos XIV - XV, substituíndo ou modificando unha anterior, posiblemente romana, relacionada coa vía XIX di Itinerario Antonino, que comunicaba Braga con Lugo e atravesa a "Pons Vellegia" (Pontevea) procedente de "Aquis Celenis" (Cuntis).