De estilo barroco foi construída polo Mestre Manuel Varela. Esta igrexa foi rematada o 6 de decembro do 1787, aínda que aberta ó culto en 1785.

GPS coordinates:
42.784135298923005, -8.511417526940571

A porta da fachada remata nun arco abovedado. Sobre el aparece unha fornela coa imaxe en pedra da virxe en actitude orante que viste cun curioso manto decorado con escamas. A fachada remata nunha torre campanario de dobre corpo. No interior acubilla 3 campás, a pequena e a grande foron realizadas por Francisco Blanco de Santiago e montadas no 1787. A intermedia fíxose uns anos máis tarde en 1829. Proceden da primitiva igrexa as dúas campás, a imaxe da virxe, unha cruz procesional de prata de 1615, dous pequenos altares e unha lousa - lápida brasonada de 1694 situada no chan da capela norte e a cruz que coroa a igrexa construída en torno ó ano 1589. 
O cruceiro que se atopa no seu adro foi construído tamén en 1787, é de trazas barrocas e salienta a imaxe de San Pedro no seu varal.