Trátase da edificación románica máis importante do Concello de Teo e un dos mosteiros agustinos máis antigos de Galicia.

GPS coordinates:
42.77822807553405, -8.616724286891353

Atópase no Lugar de Mosteiro –topónimo que recorda o antigo mosteiro hoxe desaparecido- no medio dun pequeno val atravesado polo rego de Tarrío. É un templo sinxelo, cunha base estrutural totalmente románica.

Posúe unha ábsida case cuadrangular, grosos contrafortes e nave única de planta rectangular. 

Desde o punto de vista documental, o mosteiro de Santa María de Lampai é segundo o investigador Francisco Javier Pérez Rodríguez, un dos mosteiros agustinos máis antigos de Galicia, aínda que existe moi pouca documentación sobre este pequeno

cenobio.
 

Sinalar por último, que moi cerca da igrexa se encontran los tres marcos do ano 1156 do antigo Couto de Lampai – Pedrouso. Un antigo terreo doado polo rei Alfonso VII a un dos seus cabaleiros, Sancho Eanes.