Identificador
Ruta
Duración
11.87 km
Desnivel
220m 220m
Ruta circular
Si
Dificultade
Moderada
Sinalización
Si
Inicio da ruta
Coordenadas GPS:
42.8064491767152, -8.600935758055126
932

Un percorrido para visitar os petrólifos de Río Angueira e Monte Piquiño.

Partindo da Capela dos Milagres de Cornide, o percorrido desta ruta adéntrase nun espazo físico de pequenos outeiros graníticos e lenes chairas á beira do río Angureia, ocupadas por gran cantidade de restos arqueolóxicos.

Este sitio arqueolóxico representa unha das áreas de maior importancia en Galicia, e sen igual na Comarca de Compostela, pola gran densidade de xacementos de mámoas e petróglifos existentes e polas características dalgúns deses gravados.

Son moi relevantes os petróglifos de Río Angueira ou de Monte de Cornide, cun conxunto de escenas de monta, unha delas sobre un cervo; o petróglifo do Corno I, de gran importancia e recoñecemento na comunidade galega, que amosa na súa parte central un motivo cuadrangular segmentado acompañado dunha daga; e tamén os petróglifos de Pedra Bicuda de Loureiro que presentan numerosos gravados xeométricos de gran porte (combinacións circulares e espirais) e figurativos (cervos e cánidos).

Totalmente sinalizada e interpretada, con esta ruta queremos amosar un dos tesouros do noso Concello.

Petróglifo do Río Angueira ou do Monte de Cornide

Petróglifo do Outeiro do Corno

Área arqueolóxica do Monte Piquiño

Petróglifo da Pena Bicuda de Loureiro