Fechas:
Varias datas nos meses de verán de 2022
Lugar:
Capela de Santa Ana, Lampai

Un percorrido circular de 5 km con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai). Esta ruta ten como fío condutor o poema que un trobador medieval, Xoán Airas, dedicou á súa namorada cando marchaba para Portugal atravesando este territorio e sérvenos de escusa para visitar os impresionantes marcos medievais que aínda se conservan en Teo. Pero será, en realidade “unha viaxe no tempo” pois ademáis de mergullarnos no medievo, faremos un repaso por outras épocas que conforman a historia desta aldea pero que representan a historia do Concello e a memoria que non debemos esquecer.